Que é artisteando?
É o proxecto da miña vida. Dinlle forma a finais do 2024, pero todo comezou no 2021 con @ilustrandoconbel.
O cambio chegou nun momento de transición, tanto persoal como profesional, e sentín que era o momento de apostar polo que me enche e me fai feliz: crear coas mans.
Detrás de todo isto estou eu, Belén, unha rapaza traballadora, creativa e mooooi autodidacta que desfruta cada hora que pasa no taller.
E así colleu forma este espazo. Para crear sen présa, experimentar e confiar no proceso, sendo un lugar de encontro para peques, adultos, amigos ou familias.
Aquí hai sitio para todas as ideas, para manchar as mans, para probar e equivocarse, para empezar unha e outra vez e para vivir despaciño, que importante!
