en xullo e agosto estrenamos horario

os meses de verán funcionaremos así, máis lentxs e con menos grupos

  • CLASES PARA ADULTOS

    Un grupo pola mañá e outro pola tarde para que elixas cal che vai mellor :)

  • CLASES PARA PEQUES

    Aos peques hora e media dálles para moito! anótaos, vailles pasar voando :)

  • CONDICIÓNS :)

    • Non hai matrícula nin permanencia.
    • Se unha semana non podes vir, recuperaremos a sesión outro día, pero sempre dentro do mes natural.
    • Os bonos de 5 e 10 horas seguirán estando dispoñibles por si non podes asistir todas as semanas e prefires vir cando che vaia ben.
    • Reservaremos os sábados para bonos por horas e bonos experiencia. Tamén para os talleres temáticos que faremos de vez en cando :)
    • Reserva a túa plaza no 681982840 ou en @artisteandobybel